1.04M

Metodoloxía para o traballo sobre neoloxía

1.

Metodoloxía para o traballo sobre
neoloxía
Xusto A. Rodríguez Río. Metodoloxía do traballo
terminográfico puntual en língua galega. (Ver pdf
en Faitic)

2.

Obxectivo
Enunciar propostas de adaptación de
estranxeirismos
no ámbito das linguas de especialización.

3.

Estrutura
Para cada un dos termos propostos, deberase levar a
cabo un traballo en catro fases. A presentación ou
exposición do traballo deberá axustarse ao seguinte
esquema:
[0. Establecemento do concepto]
1. Documentación
1.1. Documentación en dicionarios e fontes
terminográficas
1.2. Documentación en corpus
1.3. Documentación internacional
2. Avaliación da calidade

4.

Estrutura
Fase previa: Establecemento do concepto e
adscrición a un ámbito de especialidade
Termcat: http://termcat.cat/ (Neoloteca)
[Cómpre darse de alta]

5.

1. Documentación Estrutura
1.1. Documentación en dicionarios e fontes
terminográficas
• Dicionarios de carácter xeral: RAG, Digalego (formato
electrónico), dicionarios impresos (formato libro).
• Dicionarios
específicos,
fontes
terminográficas:
procurar nos ámbitos de especialidade que
correspondan en cada caso.
-Ver as seguintes ligazóns:
a)
http://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/biblio-term
.html
b) http://sli.uvigo.es/recursos.html [Glosarios]
-Dicionario
galego
das
TIC
(DigaTIC
(
http://www.digatic.org/)

6.

Abandonware
Exemplo
1.1. Documentación en dicionarios e fontes
terminográficas
• Só se encontra definición nun diccionario:
Definición do Dicionario Galego das TIC (digaTIC):
abandonware
Programa ou xogo difícil de conseguir debido a que xa non está nos catálogos, á súa antigüidade, a
que o fabricante desapareceu ou a que xa non se atopa á venda.
Exemplo: O único xeito de conseguir este tipo de abandonware é empregar ferramentas P2P.
Información complementaria: Abandonware é un termo inglés composto por"abandoned" e
"software", "programa abandonado".
• Consideraremos conveniente, nesta circunstancia,
buscar información tamén do(s) hiperónimo(s):
software, programa, soporte lóxico, por exemplo.
Neste caso, atoparemos información no dicionario da
RAG, no volume Termos esenciais da arquitectura de

7.

1. Documentación Estrutura
1.2. Documentación en corpus
• En todos os casos, seguiremos a mesma mecánica
de traballo que se indicou no caso dos
dicionarios e fontes. Buscamos a forma en
cuestión e, de non aparecer, procuraremos os
hiperónimos
ou
formas
próximas
conceptualmente, ao noso parecer.
• Tamén en todos os casos, cómpre indicar se se
atopa documentación en corpus das posibles
denominacións ou se non é así. De habela,
débese indicar o número de exemplos atopados
e incluír unha mostra deles (se son moitos) ou
incluílos todos (de ser menos de 10).

8.

1. Documentación
Estrutura
1.3. Documentación internacional: Cómpre
reproducir no traballo a información localizada.
-Corpus IATE (Europa):
http://iate.europa.eu/SearchByQueryEdit.do
-Termcat
-Buscatermos: [introduciremos o termo en
cuestión ou as formas posibles]

9.

Estrutura
2. Avaliación da calidade
Unha vez revisada a documentación obtida,
escolleremos como posibles denominacións para o
galego aquelas (dúas, tres, catro) opcións que nos
parezan, nun primeiro momento, adecuadas.
Indicaremos cales son estas formas e empregaremos
a letra cursiva para representalas.
Para cada unha delas, valoraremos a súa
idoneidade empregando dous tipos de criterios:
2.1. Criterios da vertente intrínseca
2.2. Criterios da vertente extrínseca

10.

Estrutura
2. Avaliación da calidade
2.1. Criterios da vertente intrínseca
Hai que responder a estas preguntas:
• Está avalada pola autoridade normativa? [Real
Academia Galega, outros dicionarios ou glosarios
con aval de universidades ou institucións].
• Axústase ás pautas morfolóxicas e sintácticas do
galego?
• Respecta as pautas ortográficas e ortofónicas do
galego?
• Grao de precisión: [Alto / Medio / Baixo].
• É un préstamo (superfluo)?

11.

Estrutura
2. Avaliación da calidade
2.2. Criterios da vertente extrínseca
Hai que responder a estas preguntas:
• Cal é o seu grao de uso real: [Encontramos exemplos en
corpus: si /non. Si: cales, onde etc. Non: buscar
hiperónimos ou termos que se poidan corresponder ao
concepto que nos ocupa.]
• Cal é o grao de difusión e antigüidade da fonte lexicográfica
ou terminográfica en que se recolle o termo: [Recóllese en
[...] / Non se recolle en ningunha fonte].
• Adecuación do termo ao nivel de lingua (variedade estándar
e rexistro formal): [vulgar / coloquial / formal / profesional
ou especializada].
• É unha denominación concisa? [Si / Non]
Hai unha relación visible entre a denominación e o
concepto? [Si / Non]
A denominación é cacofónica ou ten asociacións

12.

Estrutura
3. Proposta
Unha vez avaliadas todas as posibles
denominacións,
consideramos
que
a(s)
opción(s) aceptable(s) para o galego é (/son):
[indicar ar formas].
• Cómpre argumentar e expor razoadamente os
motivos nos que se fundamenta a nosa
decisión.

13.

Exemplo
3. Proposta [Abandoware
]
Tras realizar a avaliación de calidade das catro opcións posibles,
consideramos que a mellor solución para o galego é soporte
lóxico abandonado.
A pesar de que software pareza estar moi implantado no
uso, o feito de que soporte lóxico estea avalado pola autoridade
normativa e se indique explicitamente que se prefire no canto
de software lévanos a desbotar a solución software
abandonado. A denominación programa abandonado semella
unha boa solución para evitar o préstamo, pero pode non ser o
suficientemente precisa ou non ser a máis adecuada ó ámbito
profesional.
Así pois, propoñemos como denominación máis axeitada
soporte lóxico abandonado. Porén, debemos ter en conta que se
trata dunha forma non demasiado concisa, polo que cremos que
tamén é conveniente considerar a posibilidade de empregar,
como sinónimo alternativo máis breve, abandonware. Esta
English     Русский Правила